FERRAMENTA DE INTERCOOPERACIÓN

 
[español]   [galego]   [english]   [português]
Portal Intercooperación Nexus-Rede

PRESENTACIÓN

A activación desta plataforma en Internet, ao abeiro do proxecto NEXUS REDE , financiado polo Fondo Social Europeo no marco da Iniciativa Comunitaria EQUAL II, xurde como ferramenta activa e punto de encontro no que atopar recursos de utilidade para procesos de colaboración e coñecemento das cooperativas, así como a súa entrada no que se coñece como Sociedade da Información. O portal permitirá apoiar o desenvolvemento de distintos niveis de cooperación entre cooperativas e outras entidades da economía social , ofrecendo un foro de intercambio de información que permita o coñecemento mutuo e fomente a colaboración empresarial e comercial entre cooperativas. Ao tempo, o portal funcionará como un escaparate aberto ao mundo no que as cooperativas poderán promocionar a súa actividade ou servizos, e mesmo vender os seus produtos a través da Internet.

ACTUALIDADE

COGAL asina un acordo coa Fundación Hipercolesterolemia Familiar e a Fundación Española del Corazón

Cogal

29/11/2007

O propósito desta sinatura entre a cooperativa de coellos e as dúas Fundacións é a divulgación e a promoción das características e calidades cardiosaudables da carne de coello.  

ver evento

A cooperativa de ovino e caprino COVIGA diversifica actividade coa elaboración de empanadas

Coviga

29/11/2007

Seguindo cos proxectos de diversificación de actividade das nosas cooperativas galegas, COVIGA, dedicada ao sector ovino e caprino, acordou cunha empresa de alimentación de Allariz, “Delicias galegas”, o servizo das súas carnes de año para a elaboración de empanadas.  

ver evento