Troitas é unha cooperativa de traballo asociado, sita en Ourense e formada por tres persoas socias, cunha base formativa adquirida traballando nos estudios de arquitectura de Antonio Alés Reinlein e de Javier Suances Pereiro. Posteriormente, deciden formar a cooperativa no ano 1995, para poder seguir desenrolando a súa profesión, dada a experiencia profesional adquirida, ofrecendo os seus servizos a todo o sector de arquitectura.
Troitas dedicase ao desenvolvemento de proxectos de arquitectura para un número importante de estudos de arquitectura, elaborando memorias, documentación CTE, planos, medicións – presupostos, cálculos de estructura, estudios de seguridade e saúde, etc., así como encadernacións; proxectos completos de acordo coa lexislación vixente.