Milhulloa, S. Coopp. Galega é unha empresa que ten por obxecto social o cultivo ecolóxico e a comercialización de plantas medicinais e aromáticas. Está situada en palas de Rei (Lugo) xunto do Camiño Francés ao seu paso pola comarca da Ulloa.


jotaDispón de 22 Ha. de terreo e unha pequena industria onde realizan o cultivo e a transformación dos seus produtos.
Para a obtención dos mellores resultados de calidade e para preservar a biodiversidade, utilízanse técnicas de agricultura ecolóxica. A través dun convenio coa Universidade de Santiago obtéñense produtos de calidade contrastada.
É a única empresa galega dedicada a esta actividade e que realiza todo o ciclo, dende o cultivo ate a elaboración do produto final. No ano 2003, foi galardoada co Premio á Muller Emprendedora na 2ª edición dos "Premios Agrarios de Galicia". No 2004, co accesit en Innovación na feira internacional "Semana Verde de Galicia". No 2005 recibiu o premio á "promoción do Cooperatiismo", outorgado polo Consello Galego de Cooperativas.
Máis información: Presentación [PDF]