FERRAMENTA DE INTERCOOPERACIÓN

 
[español]   [galego]   [english]   [português]
Portal Intercooperación Nexus-Rede

COOPERATIVA DO MES

Outubro de 2007

Santa Maria do Val, S. Coop. Galega

Santa María do Val Sociedade Cooperativa Galega fúndase no ano 1973 froito das inquedanzas dun grupo de amigos e persoas da parroquia naronesa de Santa María do Val, preocupados polo futuro e o desenvolvemento da zona e da súa xente.


Vista aérea da parroquia de O Val, en Narón
Eran tempos nos que se estaba a producir unha forte drenaxe de poboación cara as cidades como froito do éxito da grande industria pesada e naval e das oportunidades que aquela situación dáballe á xente máis nova que vía no medio rural unha forte perda das súas aspiracións. Naquela época a economía dos veciños do Val consistía básicamente no autoconsumo da producción básicamente láctea e gandeira que tivo o seu momento de auxe nos anos 60 froito das políticas subvencionadoras deste tipo de explotación fomentadas polo réxime imperante naquel entonces. Desta maneira os productores accedían ó mercado intercambiando os seus productos gandeiros por aqueles que non producían, nun sistema que poderiamos denominar como de pseudo-trueque.

 

 Coa fundación da Cooperativa do Val e o empeño dos seus veciños e incluso dos arredores da parroquia, constrúese unha pequena nave industrial dedicada a almacén de suministros, o cal constitúe o primeiro fito histórico da Cooperativa.

 

Constituida legalmente como Cooperativa Agrícola, e cunha traxectoria non exenta de dificultades, visto ó éxito deste primeiro almacén e observadas as cada vez maiores necesidades dos veciños, coas aportacións dos socios realízase unha ampliación da nave que ocupaba á Cooperativa.

 

Ó mesmo tempo vese a posibilidade da creación dunha sección de crédito que dé servizos de aspecto financeiro similares ós dos bancos, tanto de pasivo (préstamos) coma de activo (contas de aforro), que fixeron que a Cooperativa contase cunha serie de recursos necesarios para levar a cabo novos desafíos e implantar novos servizos. Así nos anos 90 creouse unha área comercial que surtía dos máis diversos productos (comestibles, ultramarinos, ferretería, productos da terra, etc.), e constituíuse un parque de maquinaria o cal absorvía as necesidades dos socios que individualmente non podían acceder á devandita maquinaria agrícola.

 

  Coa entrada de España na Unión Europea, e a implantación das cotas lácteas da Política Agraria Común, e o conseguinte aumento de tamaño das explotacións que fixo que moitos gandeiros deixaran dita actividade, a Cooperativa busca alternativas para os seus socios creando a Sección de Horta, a cal comercialízalles ós socios a súa producción na procura de obterlles os mellores prezos do mercado.

 

Froito disto xurde a recuperación da variedade autóctona de pemento denominada Do Couto, denominada desta maneira pois foi traída polo monxes de Cluny, propietarios do Mosteiro do Couto, situado ó carón da Ría de Ferrol. Dadas as características peculiares deste producto, a Cooperativa toma a decisión de iniciar os trámites co fin de lograr o seu recoñecemento como variedade protexida, mediante a concesión da Denominación de Orixe “Pemento do Couto”.

 

Como consecuencia da súa maior diversidade empresarial e co obxectivo sempre último de dar o mellor servizo ó seu socio, no ano 2002 a Cooperativa do Val cambia a súa denominación para a actual, Santa María do Val Sociedade Cooperativa Galega, e transformando a súa identidade social de Cooperativa Agraria a Cooperativa de Consumidores e Usuarios. Ó mesmo tempo, absorve a Cooperativa de Serantes co gallo de dar os mesmos servizos para os veciños desta histórica parroquia ferrolá.

 


Boceto do centro da terceira idade da
FundaciónTerra de Trasancos
Por último, a Cooperativa constituíu sen ánimo de lucro a Fundación Terra de Trasancos, clasificada como de interese social pola Xunta de Galicia mediante Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública de 29 de novembro de 2001 (D.O.G. 18 de decembro de 2001), a cal ten como proxecto estrela para os próximos anos, a construcción dun centro da terceira idade para uso e desfrute da xente de máis idade do Val. A maiores a Fundación desenvolve actividades lúdico-educativas co gallo de extender o nome do Val e da súa población tanto a nivel nacional como internacional.

 

 

Texto e imaxes: www.cooperativaoval.com


web corporativa