FERRAMENTA DE INTERCOOPERACIÓN

 
[español]   [galego]   [english]   [português]
Portal Intercooperación Nexus-Rede

ACTUALIDADE

atrás

A cooperativa de ovino e caprino COVIGA diversifica actividade coa elaboración de empanadas

Coviga

29/11/2007

Seguindo cos proxectos de diversificación de actividade das nosas cooperativas galegas, COVIGA, dedicada ao sector ovino e caprino, acordou cunha empresa de alimentación de Allariz, “Delicias galegas”, o servizo das súas carnes de año para a elaboración de empanadas.

A novidosa empanada presentouse na Festa do mesmo nome que tivo lugar a finais de agosto. As empanadas véndense ao público e pódense encargar directamente, a través da cooperativa ou das panaderías de Ourense da cadea. Trátase de empanadas grandes, pesan 1kg, 600 gr. e os interesados poden mercalas, incluso por teléfono de martes a xoves, cun prezo de 16 euros a unidade.

Os teléfonos para encargalas son: Coviga: 988-442428, 610-693917 ou Delicias Galegas: 988-441189, 639-215859