';
 
Slide 1
Slide 1
Slide 1
Slide 2
Slide 2
Slide 2
Slide 1
[español]   [galego]   [english]   [português]

ACTUALIDAD

atrás

COGAL obtén a certificación IFS FOOD

01/02/2013

O certificado foi outorgado por Acerta Certificación, entidade privada de Certificación en España baixo acreditacións ENAC, para o noso centro industrial de Rodeiro, dedicado á elaboración de produtos cárnicos de Coello. Esta certificación reafirma as boas prácticas de COGAL e recoñece a madureza e eficacia do noso compromiso coa mellora continua.

Énos moi grato facelos partícipes da nosa satisfacción ao ter obtido recentemente a certificación IFS FOOD.

 

O certificado foi outorgado por Acerta Certificación, entidade privada de Certificación en España baixo acreditacións ENAC, para o noso centro industrial de Rodeiro, dedicado á elaboración de produtos cárnicos de Coello. Esta certificación reafirma as boas prácticas de COGAL e recoñece a madureza e eficacia do noso compromiso coa mellora continua.

 

IFS FOOD é unha estándar internacional certificable, deseñada para cubrir todos os procesos realizados ao longo da cadea de subministración que específica os requisitos que debe ter un Sistema de Xestión da Seguridade alimentaria.

 

Como xa sabedes, COGAL xa dispoñía da Certificación ISO 22.000 dende o ano 2009, polo que coa obtención da IFS FOOD, vimos a reafirmar aínda máis, se cabe, o noso compromiso coa calidade e o ben facer, que dende sempre nos definiu.

 

COGAL, no ano 1985, nace cunha misión e obxectivo moi claras: "Ser un referente no mundo da cunicultura". A máxima para alcanzar estes obxectivos está baseada no concepto de Cunicultura Integral. Un experto equipo de profesionais planifica, supervisa e controla cada unha das etapas necesarias para ofrecer aos consumidores unha das carnes máis saudables que existen: A carne de coello, dende as nosas granxas ata a súa mesa.

 

A día de hoxe podemos afirmar que somos ese referente.

 

"A calidade por principio", así reza o noso slogan e esta certificación é un novo respaldo a este, á nosa forma de pensar e traballar e unha garantía máis, se cabe, no control da seguridade dos alimentos que producimos.

 

Desta forma, recoñécese de novo internacionalmente o esforzo e a dedicación de todo o equipo de COGAL por ofrecer respostas eficaces ás necesidades dos nosos clientes e reafirma a nosa decidida orientación cara á excelencia empresarial.