';
 
Slide 1
Slide 1
Slide 1
Slide 2
Slide 2
Slide 2
Slide 1
[español]   [galego]   [english]   [português]

OUTSTANDING COOPERATIVE

May of 2013

Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega

Como bodega líder do proxecto Innter Gal-Eno 2012, Bodegas Martín Códax vén de recibir, o mércores 15 de maio, o premio HG&T-AGAXET na categoría “I+D e formación”, no contexto da XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

(20/05/2013)  Juan A. Vázquez Gancedo, director da bodega, recolleu o premio recalcando a importancia da investigación e o desenvolvemento no campo da viticultura e do sector primario e de servizos nos momentos que vivimos. “Os que somos viticultores sempre cremos nos resultados do traballo ben feito e nunha vida vinculada ás nosas terras e valores tradicionais”- declaraba Vázquez Gancedo. “Esta forma de vida danos unha visión a medio e longo prazo que nos permite predicir unha Galicia da post crisis baseada no sector primario e terciario, pero este soño só poderemos acadalo con colaboración e con innovación”, concluía o director de Bodegas Martín Códax. 

Á recollida do premio acudiron tamén representantes do resto de bodegas que forman parte do proxecto (Adegas Valmiñor, Adegas Moure, Bodegas Rectoral de Amandi, Pazo de San Mauro e Virxen de Galir) así como da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), do Instituto Tecnológico de Galicia e da Universidade Politécnica de Madrid. 

O proyecto INNTER GAL-ENO 2012, liderado por Bodegas Martín Códax, nace no marco do programa INTERCONECTA promovido polo CDTI (Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial) co obxectivo de potenciar o valor das variedades vinícolas autóctonas galegas para elaborar productos e viños diferenciados e de alta calidade; redeseñar os procesos de producción para reducir os custes; realizar una viticultura máis respectuosa co medio ambiente e mellorar as marxes de comercialización. As nove variedades que estuda o proxecto son a Albariño, Godello, Treixadura, Loureiro, Caíño branco, Mencía, Castamal, Merenzao e Caíño tinto. 

A parte científica do proxecto foi encargada ao CSIC e o ITG que realizan os traballos de investigación a través do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e da área de Innovación Tecnolóxica do ITG. Contan tamén coa colaboración da Universidade Politécnica de Madrid. 

Para acadar os obxectivos deste proxecto, que situará a Galicia na vangarda da tecnoloxía e da xeración de coñecemento no sector vitivinícola nacional, analizaranse as vendimas dos anos 2012, 2013 e 2014, as cepas serán monitorizadas mediante un sistema de redes de sensores inarámicos e os datos obtidos analizaranse para poder elaborar modelos de avisos de enfermidades. 

En esencia, o proyecto INNTER GAL-ENO 2012 pretende coñecer en profundidade a potencialidade varietal galega mediante a análise e estudo detallado dos datos obtidos a partir de ensaios en campo multifactoriais que permitirán coñecer as condiciones óptimas para o cultivo de cada variedade, en cada zona de cultivo específica. A través do desenvolvemento de modelos preditivos adaptados á viticultura galega, poderanse aplicar tamén estratexias de control, capaces de previr enfermidades e pragas. 


Corporative web